Quen somos

Somos dúas mestras do CEIP Nosa Señora dos Remedios, pertencente ao Concello de Ponteareas situado no sur da provincia de Pontevedra.
  O colexio consta nestre intre con seis unidades de E.I. e dezaseis de E.P. parte do alumnado escolarizado procede do casco urbano, onde o colexio está situado, e outra parte procede das diferentes parroquias do Concello que se atopan na súa contorna.
   Este colexio participou en numerosas actividades de innovación educativa, ten plan TIC, seccións bilingües, participou no curso 2017/2018 nun concurso co proxecto "Os pitiños: do ovo á galiña" polo que gañou un premio, tamén participa na semana das ciencias organizada polo Concello cun stand de robótica e outro de experiencias no que os alumnos expoñen as súas aprendizaxes.
  Agora queremos que o alumnado goce facendo experimentos: químicos, electrónicos, físico e tamén robótica, por iso  este curso inauguramos o noso club de ciencia ao que chamamos "NATURIÑA". Comezamos moi ilusionados e é todo un reto a superar.

Comentarios

Entradas populares